Nos hemos mudado!!

De tapas por Ribeira...

O`Tear

Selección de xamóns.

Ofrecésmoche racións de xamón seleccionados e por suposto co mellor corte para disfrutar de todos os matices posibles.

O mellor xamón ibérico de bellota, de alta calidade e selección, ideal para acompañar calquera dos nosos viños, ou as racións de xamón de cebo ibérico, para degustalo só ou nas nosas tablas combinado con queixos.

Un luxo para degustar na nosa terraza ou no acolledor interior do local.

Os mellores queixos.

Variedades de queixos brandos, queixos sen prensar ou cociñar para saborear D.O. cremosas e con pouca maduración, como as variedades San Simón, Tetilla ou manchego semicurado.

Queixos fortes, con personalidade e ideais para acompañar os viños que recomendaremos. Queixos curados manchegos, azuis ou de cabra combinados en deliciosas racións.

Os sabores máis intensos para disfrutar na Xamonería Otear.

Os viños

A nosa carta de viños é unha apuesta moi clara…queremos ofrecer o mellor da nosa Terra. Os viños galegos son un claro expoñente de calidade e por suposto, de diversidade.

Viños que son un reflexo da pasión que se deposita cada ano nas colleitas, dando como resultado caldos de autor cheos de personalidade, diferentes en cada matiz e alonxados da monotonía de etiquetas comerciais.

Unha maridaxe seleccionada para acompañar a carta de racións, na que poñemos toda a nosa experiencia, e deste xeito poder ofrecer todo o que a nosa Comunidade nos brinda.

Domicilio e Catering

Leva embutido diferenciado e cortado á túa mesa. Sorprende aos teus convidados coas nosas tablas, racións e viños.

Proporcionamos o producto para que o teu cátering sexa espectacular e de calidade (non se ofrece persoal de servizo).

Chámanos ao 981 87 50 21 e recolle o teu pedido cómodamente no noso local.

Xamonería O´Tear

Ramón e Cajal 3

15960 Ribeira (A Coruña)

981 87 50 21